Intimamente relacionado co asociacionismo, o voluntariado é obxecto de estudo dende hai anos polo CXG. Esta preocupación levounos a formar parte do equipo redactor da lei, a participar en canta comisión sobre este tema se formou e a tomar parte activa no Consello Galego de Voluntariado. O coidado deste fenómeno, para nós capital na habilitación da persoa no conxunto da sociedade, fixo que a comisión deseñase unha serie de actividades que afondan nesta manifestación dende unha perspectiva nova, afastada da visión puramente asistencial.
Está en contacto co pulso diario do ensino medio e universitario. O CXG tamén participa activamente no Consello Escolar de Galicia.
[08/03/2010] Diario Oficial de Galicia do 08/03/2010
Orde do 23 de febreiro de 2010 pola que se regula o uso de instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar en réxime de oferta concertada durante a campaña de verán de 2010
[25/02/2010] Xa está dispoñible na web da Dirección Xeral de Xuventude o Plan galego de formación 2010
[12/02/2010] Convócanse 3077 axudas para actividades que terán lugar entre finais de xuño e finais de agosto.
O prazo de solicitude remata o 12 de marzo de 2010