Dende o CXG entendemos «cooperación» como «o conxunto de actuacións orientadas ao intercambio de experiencias e recursos para acadar metas baseadas na solidariedade, sostibilidade e corresponsabilidade». Os eixes dun traballo de calidade son: respecto dos dereitos humanos, participación e democratización, equidade de xénero, protección e conservación do medio.
A comisión, de nova creación, ten deseñadas xornadas para achegar a cooperación internacional ao tecido asociativo xuvenil. O seu custo e necesidade fan que se negocie a súa realización para o vindeiro ano. Tamén se estuda establecer canles de cooperación con entidades xuvenís afíns e crear redes de colaboración entre elas.
[15/03/2010] Por décimo terceiro ano consecutivo Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) organiza os Cursos de cooperación sobre o terreo en Palestina e Israel, Marrocos, Tunisia, Senegal...
[16/02/2010] Convocatoria de prazas de responsable de proxectos de cooperación española nos seguintes países: Colombia, Ecuador, Bolivia, Perú, Costa Rica, Guatemala, Cuba, Nicaragua e Honduras.
[16/02/2010] Convoca: Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento
Máis noticias