O emprego segue sendo o pivote sobre o que xira a emancipación da mocidade; e a mocidade segue a ser o colectivo que soporta as maiores cotas de precariedade laboral. É unha xeración sobradamente preparada, pero as súas expectativas quedan por debaixo da garantía que sempre foi a formación. A comisión dispón dunha técnica de emprego para atender as consultas que acotío se producen sobre este tema.
O enfoque respecto da cultura afástase do clásico dunha comisión coma esta. Aposta por impulsar os novos valores creativos presentes na mocidade en todos os ámbitos da manifestación cultural e estuda crear uns premios que rastrexen o porvir que dan as novas creadoras e os novos creadores.
[09/08/2010] Preme na noticia para ver as ofertas semanais do portal Cimoemprego ou visita a páxina web www.cimo.org/principal.php
[16/07/2010] O sistema estará operativo desde o 15 de xullo ao 30 de setembro , coincidindo coas vacacións de verán.
A iniciativa ten como obxectivo facilitar a procura de emprego ás persoas interesadas, en calquera momento e en calquera lugar, durante as durante as 24 horas do día, a través dunha ferramenta de comunicación que cada vez se usa máis: o teléfono móbil.
[08/07/2010] Convocatorias de subvencións e axudas no ámbito do emprego e da formación
Última actualización: 06/07/2010