Español | Contacta con CXG | Mapa web | Portada

Consello da Xuventude de Galicia


[ Saltar menú ]

Comisións


Axenda

Axenda: mércores 21 de abril 2010

Asociación Galega de Axedrecistas

I Certame Libro de Xadrez

[07/04/2010 14:23 - 23/04/2010 23:59] O certame está organizado pola Asociación Galega de Axedrecistas e o prazo de presentación de obras remata o 23 de abril

Bases
1 Poderán participar no certame calquera persoa que presente obras orixinais e inéditas escritas en galego.

2 O tema dos traballos será o xadrez; será o material útil para o ensino ou promoción do xadrez e dentro desta idea o tema será libre. Os traballos presentaranse en formato DIN-A4, a dobre espazo en tipo de letra Times New Roman, corpo 10, por unha soa cara, cunha extensión mínima de 60 e máxima de 80 páxinas. Os diagramas ou figuras non superarán os 5x5 cm.

As persoas participantes poden presentar máis dunha obra.

Os traballos serán enviados a través de soporte dixital ao
Apartado de Correos 769, 15080 A Coruña, ou ben vía internet a correo@agax.org.

O formato será .odt do open office ou .doc do Mircrosoft Word.

3 Os traballos presentaranse sen sinatura, e indicaranse nunha folla á parte ou noutro arquivo do correo os datos persoais (nome e apelidos, teléfono de contacto, enderezo completo e data de nacemento).

4 O prazo improrrogable de recepción de orixinais será o 23 de abril de 2010, Día do Libro.

5 Actuará como xurado a Xunta Directiva da Asociación Galega de Xadrecistas que poderá solicitar a opinión doutras persoas dedicadas ao ensino do xadrez. O devandito xurado poderá declarar deserto o concurso. A interpretación destas bases ou calquera outro aspecto non previsto nelas é competencia exclusiva do xurado.

6 A resolución do xurado, que será inapelable, farase pública o 8 de maio de 2010.

7 AGAX reserva os dereitos de edición sobre a obra premiada, dentro da colección de libros de peto de ASENCUDEGA. Farase unha tirada máxima de 500 exemplares. Estes primeiros exemplares estarán libres do pagamento de dereitos de autor/a. O/A beneficiario/a do premio, que se compromete a renunciar expresamente a calquera pretensión sobre os devanditos dereitos, recibirá gratuitamente cen exemplares da obra publicada.

8 A presentación de traballos a este certame supón a aceptación total destas bases.

C. D. R. O Viso

Curso de monitor/a en actividades de tempo libre

[12/04/2010 09:15 - 28/05/2010 23:59] Organizado polo C. D. R. O Viso a través da Escola de Tempo Libre Limicorum. Terá lugar entre o 11 e o 30 de xullo

Curso de 200 horas homologado pola Xunta de Galicia.

Será preciso ter máis de 18 anos e ter o graduado escolar ou ESO.

O curso terá lugar no Albergue do Pobo Escola de Lodoselo (Sarreaus).

Prezo: só curso: 220 €; curso e xantares: 300 €; curso e pensión completa: 510 €

O prazo de preinscrición remata o 28 de maio.

Parara máis información: 988 461 571 ou cixdalimia@cdroviso.org

Asociación Profesional de Pedagogos/as de Galicia

Xornadas pedagóxicas internacionais de orientación:explorando camiños

[14/04/2010 17:17 - 24/04/2010 17:17] Terán lugar o 23 e 24 de abril no Instituto Tecnolóxico Empresarial Caixa Galicia da Coruña

Bótalle un ollo ao programa e á información das xornadas no folleto adxunto a esta noticia.

Documentación

Tríptico das xornadas

Instituto Municipal de Juventud de Lorca

I OLIMPÍADA NACIONAL DE OCIO

[16/04/2010 14:07 - 04/07/2010 23:59] Informámosvos do maior evento de participación e ocio de 2010 (do 1 ao 4 de xullo) que se vai realizar a nivel estatal, organizado polo Instituto Municipal de Juventud de Lorca

Trátase da I Olimpíada Nacional de Ocio onde a xente nova poderá participar en probas como paintball, graffitti, streetdance, batalla de bandas, kart, futbolin, videoxogos, batalla de galos, batalla de DJ’S, percusión, circo e skate.

Non se buscan profesionais, senón xente nova á que lle gusten as probas. O evento pretende ser unha gran convivencia estatal con xente nova de toda España onde intercambiar experiencias en torno ao ocio e á participación, creando un espazo de expresión e exercicio de liberdade para o desenvolvemento de accións positivas.

A participación está aberta a xente nova de 18 a 30 anos de toda España, nacidos/as ou residentes.

Os e as participantes representarán as súas comunidades (trátase dunha olimpíada estatal) e poderán gañar un suculento premio en metálico na proba que participen (medalla de ouro e de 2000 € a 800 € dependendo da proba).

Toda a información atópase na web www.olimpiadadeocio.es ou en Informajoven de Lorca, nos teléfonos 968 444 643 ou 616 615 297. Tamén podes enviar un correo electrónico a olimpiadadeocio@lorca.es

Congreso

Congreso O camiño esquecido

[09:21 - 29/07/2010 23:59] As asociacións xuvenís Terra Celta, Estudantes Liberais de Galicia e o Instituto Galego de Estudos Célticos presentan o seu congreso sobre o Xacobeo: O CAMIÑO ESQUECIDO

Segundo Javier Acosta, Presidente do Comité Organizador, o Congreso trata de recuperar o Camiño do Mar, que vai dende Ribadeo ata Ferrol integramente pola costa, e en Ferrol conecta co Camiño Inglés.

TrÁtase, segundo a organización, dun camiño de penitencia e que tivo unha grande importancia na comarca, sobre todo polo seu paso por Santo Andrés de Teixido e pola Igrexa de Santa Margarida (O Val).

Entre os obxectivos da organización encóntranse dar a coñecer os santuarios costeiros do norte galego, así como a recuperación dun camiño que se daba por perdido.

As conferencias levaranse a cabo no salón de actos do Vicerreitorado de Ferrol os días 28 e 29 de xullo en horario de tarde, agás unha conferencia a última hora da mañá do xoves. O congreso é publico e pode acudir quen queira. Está solicitado un crédito de libre configuración na Universidade da Coruña.

Para facer a inscrición ou ter máis información podedes contactar co organizador do congreso, Javier Acosta, en elgaferrol@gmail.com

Documentación

Programa e ponencias do congreso

Amigos da Terra

Curso-práctico de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento nas Corcerizas

[13:06 - 25/04/2010 23:59] Esta fin de semana terá lugar no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas o curso-práctico de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento, organizado por Amigos da Terra en colaboración coa Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO). Está dirixido a ONGD, medios de comunicación e outros axentes de cooperación

O obxectivo do curso é dotar as ONGD e axentes de cooperación das ferramentas axeitadas para poder mellorar a comunicación nas súas organizacións, poñendo como exemplo práctico, aplicable a outras ONGD, a experiencia do proxecto de colaboración posto en marcha entre Amigos da Terra e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO).

Así mesmo, os/as asistentes realizarán unha visita guiada polo equipamento das Corcerizas, para comprobar o bo funcionamento das enerxías renovables e coñecer alternativas viables para unha vida cotiá sostible.

Para máis información:

Amigos da Terra

Judith Sing (responsable de cooperación de Amigos da Terra)
Montse Fdez (responsable de comunicación de Amigos da Terra)

Tfno.: 988 374 318

www.amigosdaterra.net

info@amigosdaterra.net