Español | Contacta con CXG | Mapa web | Portada

Consello da Xuventude de Galicia


[ Saltar menú ]

Comisións


Axenda

Axenda: martes 20 de xullo 2010

Congreso

Congreso O camiño esquecido

[21/04/2010 09:21 - 29/07/2010 23:59] As asociacións xuvenís Terra Celta, Estudantes Liberais de Galicia e o Instituto Galego de Estudos Célticos presentan o seu congreso sobre o Xacobeo: O CAMIÑO ESQUECIDO

Segundo Javier Acosta, Presidente do Comité Organizador, o Congreso trata de recuperar o Camiño do Mar, que vai dende Ribadeo ata Ferrol integramente pola costa, e en Ferrol conecta co Camiño Inglés.

TrÁtase, segundo a organización, dun camiño de penitencia e que tivo unha grande importancia na comarca, sobre todo polo seu paso por Santo Andrés de Teixido e pola Igrexa de Santa Margarida (O Val).

Entre os obxectivos da organización encóntranse dar a coñecer os santuarios costeiros do norte galego, así como a recuperación dun camiño que se daba por perdido.

As conferencias levaranse a cabo no salón de actos do Vicerreitorado de Ferrol os días 28 e 29 de xullo en horario de tarde, agás unha conferencia a última hora da mañá do xoves. O congreso é publico e pode acudir quen queira. Está solicitado un crédito de libre configuración na Universidade da Coruña.

Para facer a inscrición ou ter máis información podedes contactar co organizador do congreso, Javier Acosta, en elgaferrol@gmail.com

Documentación

Programa e ponencias do congreso

Cursos de verán da USC

VI curso de verán NOVAS FRONTEIRAS NA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES: ESCOLA PARA A IGUALDADE

[16/06/2010 12:29 - 23/07/2010 20:00] Do 20 a 23 de xullo no Auditorio Municipal de Lalín

Toda a información no arquivo adxunto

Documentación

Tríptico do curso de verán da USC en Lalín

Dirección Xeral de Xuventude

Feira Galega do Voluntariado

[09:24 - 24/10/2010 22:00] A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organiza unha nova edición da Feira Galega do Voluntariado, que se desenvolverá do 21 ao 24 de outubro no Centro Comercial Área Central de Santiago de Compostela

Xurde cun dobre obxectivo: por un lado, difundir e promover o labor das asociacións na nosa comunidade e, por outro, recoñecer e agradecer ese labor desinteresado que prestan as persoas voluntarias.

Na feira haberá dúas áreas: a zona expositiva, onde se situarán as casetas dos participantes; e as zonas de actividades, onde se desenvolverán actividades de música, danza, exposicións, obradoiros, etc. incluso un programa paralelo de conferencias que terá lugar na Escola Galega de Administración Pública, todo isto co fin de dinamizar ao máximo o evento e facelo máis atraente para as persoas visitantes.

A participación é de balde pero, dado que hai prazas limitadas, deberiádesvos inscribir antes do 30 de setembro para o que deberedes cubrir o formulario de solicitude que se xunta. As confirmacións realizaranse durante a primeira quincena de outubro. No caso de que desexedes aclarar algunha dúbida, podedes chamar ao teléfono solidario: 900 400 800.

Formulario para a solicitude de caseta na feira