Español | Contacta con CXG | Mapa web | Portada

Consello da Xuventude de Galicia


[ Saltar menú ]

Comisións


Axenda

Axenda: venres 10 de setembro 2010

Dirección Xeral de Xuventude

Feira Galega do Voluntariado

[20/07/2010 09:24 - 24/10/2010 22:00] A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organiza unha nova edición da Feira Galega do Voluntariado, que se desenvolverá do 21 ao 24 de outubro no Centro Comercial Área Central de Santiago de Compostela

Xurde cun dobre obxectivo: por un lado, difundir e promover o labor das asociacións na nosa comunidade e, por outro, recoñecer e agradecer ese labor desinteresado que prestan as persoas voluntarias.

Na feira haberá dúas áreas: a zona expositiva, onde se situarán as casetas dos participantes; e as zonas de actividades, onde se desenvolverán actividades de música, danza, exposicións, obradoiros, etc. incluso un programa paralelo de conferencias que terá lugar na Escola Galega de Administración Pública, todo isto co fin de dinamizar ao máximo o evento e facelo máis atraente para as persoas visitantes.

A participación é de balde pero, dado que hai prazas limitadas, deberiádesvos inscribir antes do 30 de setembro para o que deberedes cubrir o formulario de solicitude que se xunta. As confirmacións realizaranse durante a primeira quincena de outubro. No caso de que desexedes aclarar algunha dúbida, podedes chamar ao teléfono solidario: 900 400 800.

Formulario para a solicitude de caseta na feira

INICE

Voluntariado Ambiental no Parque Natural de Arribes del Duero

[09:00 - 19/09/2010 21:00] Organizado por INICE, terá lugar do 10 ao 19 de setembro no Parque Natural del Arribes del Duero

A cota de inscrición é de 50€

Toda a información é o formulario de inscrición no arquivo adxunto.

Documentación

Folleto das xornadas de voluntariado ambiental