Español | Contacta con CXG | Mapa web | Portada

Consello da Xuventude de Galicia


[ Saltar menú ]

Comisións


Noticia

BOLSAS

Bolsas Argo Global

[10/12/2009] Publicouse a convocatoria para a solicitude de bolsas Argo Global para persoas tituladas universitarias.

O obxectivo principal das bolsas Argo é a realización de prácticas formativas en empresas europeas, de EEUU, Canadá ou Asia para titulados/as de universidades españolas públicas e privadas.

A convocatoria ARGO GLOBAL foi publicada o día 3 de decembro de 2009.

Esta nova convocatoria amplía os destinos de prácticas a EEUU, Canadá e Asia.

Concederanse 1000 bolsas a persoas tituladas universitarias nun prazo de 3 anos.

Obxectivos:
· Obter unha primeira experiencia profesional nunha empresa europea.

· Completar a formación académica.

· Achegarse á realidade empresarial nun contexto internacional e mellorar as competencias profesionais.

· Aumentar as posibilidades de inserción profesional.

· Mellorar os coñecementos lingüísticos no país de destino.

Requisitos para ser beneficiarios/as:
· Ser titulado universitario de calquera universidade española pública ou privada (a titulación debe atoparse no Catálogo oficial de titulacións impartidas en universidades españolas, públicas ou privadas)

· Non se beneficiar anteriormente das bolsas de mobilidade Leonardo Da Vinci ou ARGO.

Para máis información sobre prazos e inscricións, consulta a seguinte páxina web: www.becasargo.es

Máis noticias

« Noticias


Ligazóns


Utilidades