[16/07/2010] O sistema estará operativo desde o 15 de xullo ao 30 de setembro , coincidindo coas vacacións de verán.
A iniciativa ten como obxectivo facilitar a procura de emprego ás persoas interesadas, en calquera momento e en calquera lugar, durante as durante as 24 horas do día, a través dunha ferramenta de comunicación que cada vez se usa máis: o teléfono móbil.
Permitirá, a través da plataforma MobiGuías, a xeración automática da versión java (j2me) instalada en máis do 95% de teminais; e unha versión web para Iphone e Android. A estrutura deste aplicativo basearase na versión en papel do boletín, pero coa posibilidade de que ás persoas usuarias poidan chamar directamente aos números de teléfono incluídos no boletín, con solo calcar enriba deles.
O sistema, a través do que se pode acceder directamente a cerca de 200 ofertas de emprego (todas as publicadas no boletín enviado), está pensado para que poida ser utilizado por unhas cinco mil persoas a vez. MobiGuía conta con tres sistemas de distribución (popup web, número longo e BIDI) que permitirán descargala en máis de mil modelos de terminais (móbiles, pda, blackberry, iphone, etc.).
A partires de que se descarga o aplicativo, os datos de contacto quedan rexistrados para o envío, automático, dos boletíns de ofertas de emprego que se publicarán ata o 30 de setembro. O funcionamento é o seguinte:
· Popup web: insertarase un link en www.maiscompostela no banner desde o que se descarga o boletín de ofertas de emprego. Cando se calque sobre él, abrirase unha popup na que a persoa usuaria introduce o seu número de móbil. Inmediatamente recibe no móbil o SMS co link de descarga do aplicativo.
· Número longo: o servizo inclúe un número longo, ao que as persoas interesadas poden enviar un SMS cun custo de 0,15 céntimos de euro. Reenvíaselle unha resposta co SMS de enlace ao aplicativo.
· Código BIDI o QR: a plataforma MobiGuías xera, de xeito automático para cada boletín, unha imaxe similar a un código de barras, que será insertada na versión papel, e que, ao ser escanada coa cámara do móbil, permite a súa descarga automática.
« Noticias